Duas versións do mesmo conto,porque cada quen narra o conto como lle vai na feira.
Un avó moi vello e encollido, e o seu neto relambido, queren conta-lo conto a un tempo; acordan que o neto leve o fío e o avó lle axude só cando o novo se atranque. Pero o avó apaixónase e chochea a partes iguais, e ámbolos dous fanse unha lea de moita tea, coa Carapuchiña... Vermella?
E para rematar, o Lobo, farto da súa mala prensa, quere da-la súa versión da historia.
Un contacontos, un monicreque, un toque de papiroflexia, e moito humor , co público dentro do conto.