REGISTRO

ESPECTÁCULOS

Circo

Encontros

Subgénero:
Circo
Duración:
50 minutos
Fecha de Estreno:
10 agosto 2010
Autoría:
pablo reboleiro alfredo pérez muiños
Dirección:
pablo sánchez
Intérpretes:
pablo reboleiro alfredo pérez muiños
Escenografía:
lusco e fusco
Vestuario:
clotilde Vaello
Música:
fran pérez
Iluminación:
alfonso castro
Sonido:
alfonso castro
Formato:
Pequeño
A Compañía
Lusco e fusco xorde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Fredi Muíño: Circanelo, e Pablo Reboleiro: Trasno. Os dóus teñen formación en circo, teatro físico, danza, e unha experiencia laboral moi similar, baseada en espectáculos de rúa unipersonais con contacto e comunicación directas co público e shows de teatro con personaxes que xorden da fisicaliade corpo.
Os dous son os creadores, xeradores de material e intérpretes, codirixindo con Pablo Sánchez as suas creacións. Para o espectáculo “Encontros” contan coa colaboración de David Loira e Alexis Fernández cómo coreógrafos, Alfonso Castro como diseñador de luces, Fran Pérez NARF, como creador do espacio sonoro e Clotilde Vaello como Xastra.
O espectáculo
Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica que xurde do encontro de dúas persoas, tócanse, úlense, séntense, e comezan o seu camiñar, xuntos.
As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema.
Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.

lusco e fusco pistacatro